Silva-Pando, F.J.: Las plantas endémicas y subendémicas de Galicia. pp 9-150. 2.4 MBResumo: No presente traballo realizado en 1983, se aborda o estudo das plantas endémicas e subendémicas de Galicia indicando a sua área de distribución e ecoloxía, relacionándose 110 taxons, dos cales 58 son especies, 42 subespecies, 8 variedades e 2 formas. De éstos, 31 poden considerarse endemismos galegos. Entre as plantas estudiadas destacan dúas grandes categorías: atlánticas (19 elementos) e subatlánticas ou mediterráneas (12 elementos) anque tamén aparecen 12 taxons como xeoelementos montano-atlánticos e subalpinos. Se expoñen tamén algunhas consideracións sobre o estado das poblacións e se propoñen as combinacións seguintes: Desmazeria marina subsp. pauciflora (Merino) Silva-Pando, comb. & stat. nova e Luzula caespitosa (Gay ex E.H.F. Meyer) Steudel subsp. sanabriae (P. Monst.) Silva-Pando, stat. nova. Se lectotipifican algúns taxons.
Palabras clave: Flora endémica e subendémica, Galicia, coroloxía, ecoloxía, novas combinacións.