J.L. Camaño Portela, F.J. Silva-Pando, J.J. Pino Pérez & R. Pino Pérez: Asientos corológicos LOU, 2005. pp 5-21. 197KBResumo: Se presenta a lista de táxons correspondentes aos pregos introducidos no herbario LOU polos autores de este traballo durante o ano 2005. Se da toda a información dispoñible na etiqueta do prego.
Palabras clave: Flora vascular, Herbario LOU, coroloxía, Galicia, NO España.
J.J. Pino Pérez, F.J. Silva-Pando, J.L. Camaño Portela & R. Pino Pérez: Asientos corológicos LOU, 2006. pp 23-36. 179KBResumo: Se presenta a lista de táxons correspondentes a algúns pregos introducidos no herbario LOU polos autores de este traballo durante o ano 2006. Se da tódala información dispoñible na etiqueta do prego.
Palabras clave: Flora vascular, Herbario LOU, coroloxía, Galicia, NO España.
F.J. Silva-Pando, R. Pino Pérez, J.J. Pino Pérez & J.L. Camaño Portela: Flora y vegetación protegida de Galicia. pp 37-45. 113KBResumo: Se realiza unha pequena revisión tanto dos táxons como dos sintáxons da flora vascular galega que conten ou teñan contado con algún réxime de protección.
Palabras clave: Flora protexida, flora vascular, Galicia, NO España.
J.B. Blanco-Dios : Contribución al conocimiento de la flora vascular de la Isla de Ons. pp 47-58. 141KBResumo: Se presentan neste traballo as herborizacións efectuadas entre 1996 e 1998 na illa de Ons, actualmente incluida no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e correspondentes a 258 táxons integrados en 57 familias. 37 táxones son novidade para a flora de Ons.
Palabras clave: Flora vascular, coroloxía, Illa de Ons, Parque Nacional, Galicia.
J.J. Pino Pérez, J.L. Camaño Portela, F.J. Silva-Pando & R. Pino Pérez: Aportaciones corológicas para Rhopalocera (Lepidoptera) del N de España. pp 59-86. 322KBResumo: Se aportan 929 citas de lepidópteros das superfamilias Papilionoidea e Hesperoidea, principalmente das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra (Galicia), pero tamén de León e Zaragoza. Se indica tódala información dispoñible na etiqueta. Tódolos exemplares citados neste traballo se atopan depositados na colección de Arthropoda do Centro de Investigación e Información Ambiental - CINAM de Lourizán, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, con acrónimo LOU-Arthr.
Palabras clave: Rhopalocera, Papilionoidea, Hesperoidea, LOU-Arthr, coroloxía, Galicia, N España, León, Zaragoza.
Datos complementarios: Listado de bibliografía sobre Papilionoidea e Hesperioidea (Rhopalocera) de Galicia.
A. Martínez Fernández, R. Pino Pérez, J.L. Camaño Portela & J.J. Pino Pérez: Nuevas citas de Aglia tau (Linnaeus, 1758) (Lepidoptera: Saturniidae, Agliinae) para Galicia (NO España). pp 87-89. 234KBResumo: Se aportan novas citas de Aglia tau (L.) para Galicia. Engadimos á sua distribución as serras de Ancares e O Courel. Ofrecemos un listado dos exemplares dos que dispoñemos e algúns datos sobre fenoloxía e ecoloxía.
Palabras clave: Aglia tau, coroloxía, fenoloxía, Galicia, España.
J.L. Camaño Portela, J. Pino Pérez, R. Pino Pérez, F.J. Silva Pando: Contributions to the knowledge of Diptera in NW Spain - I. pp 91-94. 177KBResumo: Este é o primero dunha serie de artígos dedicados ó estudo dos Diptera de Galicia (España) e zonas limítrofes. As capturas foron feitas por membros da Asociación BIGA e as determinacións as levaron a cabo os dipterólogos europeos Kai Heller (Sciaridae) e Valery Korneyev (Tephritidae). Se determinaron 17 especies de Sciaridae e 12 de Tephritidae. Se atoparon seis novas especies para España en Sciaridae: Bradysia longicubitalis (Lengersdorf 1924), Bradysia trispinifera Mohrig & Krivosheina 1979, Corynoptera blanda (Winnertz 1867), Corynoptera inundata Fritz 1982, Cratyna (Cratyna) ambigua (Lengersdorf 1934) e Trichosia edwardsi (Legensdorf 1930). Tódolo material está depositado no Centro de Investigación e Información Ambiental - CINAM de Lourizán (Pontevedra, España).
Palabras clave: Diptera, Sciaridae, Tephritidae, Galicia, NO de España, LOU-Arthr.
Datos complementarios: Fotografías de varios exemplares citados no artigo.