Español    English    RSS

Introducción

Esta é a Web da Asociación BIGA (Biodiversidade en Galicia), dedicada ó estudo do patrimonio natural de Galicia, centrada en traballos sobre artrópodos e flora vascular.

A Asociación BIGA está inscrita no Rexistro Central de Asociacións sen Ánimo de Lucro da Xunta de Galicia, con ámbito de actuación autonómico. O número de inscripción é 2007/010334-1 (SC), do 5 de marzo de 2007.

A Asociación BIGA tamén está inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvimento Sostible da Xunta de Galicia, co número 2008/0040, do 19 de febreiro de 2008.

A Asociación BIGA é proovedor de datos de biodiversidade para o Nodo Nacional de España de GBIF (Global Biodiversity Information Facility).

Nesta Web se pode atopar diverso material, como:

  • A publicación Boletín BIGA (ISSN 1886-5453), onde se recollen diferentes traballos sobre biodiversidade.
  • Información sobre flora vascular galega, con unha galería fotográfica e un conxunto de publicacións online.
  • Información diversa sobre Arthropoda.
Actualizado o 03 de febreiro de 2009